Donnerstag, Juli 17, 2008

OT: Idiomas Melenudos


Este Herr Graf congratúlase especialmente, tal é coma se indica nese queixo estatístico á beira esquerda deste diario moderno ( ainda que éste aristócrata teutón preferiría en troques un bó queixo do Cebreiro... ) da aparición estelar do idioma galego coma unha das linguaxes de referéncia que empregan algún dos melenudos que inequívocamente amosan certo interese polos comentários silentes deste Herr Graf.

E é que ainda que éste aristócrata teutón é políglota, asemade outros vicios inconfesábeis..., xa estrañaba e mesmo surprendíase de que entre a variada Torre de Babel lingüística silente, o idioma da Galiza ( curmás irmás dos Galitzien de toda-a-vida ) non tivese máis representación entre tanto idioma foráneo e mesmo exótico ( e ó queixo estatistico se refire éste Herr Von outra vez, engadindo que tamén gosta, asemade dos queixos do Cebreiro, dos queixos afumados de San Simón... ), e por iso mesmo, éste aristócrata xermánico ergue a súa copa de viño branco do Rhin ( con certos aromas ó Albariño do Salnés ) pra celebrar tan gozosa nova lingüística internacional.

Herr Graf Ferdinand Von Galitzien

Keine Kommentare: